Amosando publicacións coa etiqueta Jane. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Jane. Amosar todas as publicacións

sábado, 10 de maio de 2014

Quen é Jane?


libro abierto para colorear
Se pinchades sobre min podedesme descargar para
poder imprimirme y colorearme como mais vos guste
Ola Chámome Jane e son unha la! Chámome Jane e son unha nena como vos... mais ou menos. En realidade son moito mais pequeniña ca vos, podédesme coller ca palma da man,  podo voar grazas as miñas bonitas ás, o que mais coñecedes de min son os meus divertidos pós máxicos... si adiviñástelo son unha fada.


Pero o mais especial sobre min non son nin os pós de fada nin o poder voar senón o lugar onde vivo. E preguntarédesvos Onde vive Jane? Pois eu vivo no mundo dos contos, un lugar cargado de millóns de  historias para ler, escoitar e inventar. Pero neste sitio non solo vivimos fadas senón que viven os protagonistas de todos os libros que hai no mundo, por iso cada vez que alguén escribe un libro aquí aparecen novas personaxes.
O mundo dos contos é un lugar MOI MOI MOI grande, imaxinádevos o grande que ten que ser para que vivan todos os personaxes dos contos,cómics, historias, lendas e calquera outra cousa que se poida ler. Pero eu como o resto das fadas e os animais vivo no bosque. O meu veciño é o Señor Moucho (saile no conto de Bambi) sabe mil historias e é xenial como contacontos, case todos os días imos visitar o noso amigo Daniel, quizais o coñezades todos o chaman Daniel el traveso.
E este verán decidimos explorar o mundo dos contos para descubrir as historias que se esconden en el e vivir moitas aventuras Queres vir con  nos???
Aquí vos deixo un debuxos meus e dos meus amigos para que nos pintedes como mais vos guste espero que nos vexamos pronto e empecemos as nosas aventuras.

dibujo de buho para colorear


Se non coñecedes a Daniel o traveso este é un pequeno capítulo sobre el.

venres, 9 de maio de 2014

Que é un mundo de contos?

Un mundo de contos é un recuncho dedicado a fomentar o interese pola lectura entre os mais pequenos da casa. Para isto neste espazo compartiremos libros e relatos infantís en distintos formatos así como outros materiais educativos e as nosas propias opinións ou recomendacións sobre os materiais compartidos por outros que poderían resultar interesantes. A nosa intención e crear neste espazo un mundo que poidamos explorar xuntos repleto de contos onde encontrar infinidade de historias para ler antes de ir a durmir, nada mais espertarte ou en calquera outro momento. Durante a nosa viaxe acompañaranos a nosa fada dos contos, Jane será a encargada de ir narrando as nosas aventuras xuntos e de introducir os contos e as actividades os nenos, xa que a nosa finalidade é conseguir que os nenos aprendan e gocen, a vez que descubre as cousas tan marabillosas que lles pode ofrecer a literatura. 


Ficha de datos básicos

  • Título: Un mundo de contos
  • Tema: Contos infantís, e outros materiais relacionados ca lectura
  • Nivel educativo: 4º e 5º de EI
  • Enlace a un contido educativo dixital para Educación Infantil: