venres, 9 de maio de 2014

Comentario sobre "Un cuento a la vista"

Buscando un debuxo dunha fada que fose a protagonista do noso blog atopámonos ca páxina web “Cuento a la vista”, esta inmediatamente atraeu a nosa atención polo seu gran impacto visual, causado por un deseño e unhas ilustracións supertraballadas. Empezamos a explorar a páxina apartado por apartado démonos conta da cantidade de contidos sumamente interesantes cos que contaba e estando cada vez mais seguras de que así é como desexabamos que fose o noso blog, unha páxina que non solo destacase polos seus contidos senón tamén que tivese un gran impacto visual tanto para os nenos como os pais.
En “Cuento a la vista” preséntanse unha gran diversidade de actividades de todo tipo distribuídos nos seguintes apartados: contos, audiocontos, debuxos para colorear, refráns, lendas, consellos para pais, manualidades, trabalinguas e lecturas recomendadas. Xa solo vendo os apartados que ten nos damos conta de que é unha páxina moi completa que ofrece todo tipo de recursos.
Destacar que para nos esta páxina podería ser perfecta empregada por un docente xa que aínda que nun principio está enfocada os pais, un docente pode topar moito material co que traballar na aula ou tamén pode usala como inspiración para cear as súas propias actividades, xa que moitas veces pode haber unha actividade que che gusta pero tal e como está enfocada na podes usar cos teus alumnos pero se lle fas algunha variante pode ser perfectamente válida.


Ningún comentario:

Publicar un comentario