sábado, 10 de maio de 2014

Quen é Jane?


libro abierto para colorear
Se pinchades sobre min podedesme descargar para
poder imprimirme y colorearme como mais vos guste
Ola Chámome Jane e son unha la! Chámome Jane e son unha nena como vos... mais ou menos. En realidade son moito mais pequeniña ca vos, podédesme coller ca palma da man,  podo voar grazas as miñas bonitas ás, o que mais coñecedes de min son os meus divertidos pós máxicos... si adiviñástelo son unha fada.


Pero o mais especial sobre min non son nin os pós de fada nin o poder voar senón o lugar onde vivo. E preguntarédesvos Onde vive Jane? Pois eu vivo no mundo dos contos, un lugar cargado de millóns de  historias para ler, escoitar e inventar. Pero neste sitio non solo vivimos fadas senón que viven os protagonistas de todos os libros que hai no mundo, por iso cada vez que alguén escribe un libro aquí aparecen novas personaxes.
O mundo dos contos é un lugar MOI MOI MOI grande, imaxinádevos o grande que ten que ser para que vivan todos os personaxes dos contos,cómics, historias, lendas e calquera outra cousa que se poida ler. Pero eu como o resto das fadas e os animais vivo no bosque. O meu veciño é o Señor Moucho (saile no conto de Bambi) sabe mil historias e é xenial como contacontos, case todos os días imos visitar o noso amigo Daniel, quizais o coñezades todos o chaman Daniel el traveso.
E este verán decidimos explorar o mundo dos contos para descubrir as historias que se esconden en el e vivir moitas aventuras Queres vir con  nos???
Aquí vos deixo un debuxos meus e dos meus amigos para que nos pintedes como mais vos guste espero que nos vexamos pronto e empecemos as nosas aventuras.

dibujo de buho para colorear


Se non coñecedes a Daniel o traveso este é un pequeno capítulo sobre el.

Ningún comentario:

Publicar un comentario