Na actualidade está claro que a tecnoloxía para ben ou para mal está moi presente na vida dos nenos, un neno de dous anos xa sabe desbloquear un smarthphone e abrir e pechar unha app. Por iso debemos plantexarnos a pregunta de si sería bo integrar estas ferramentas dixitais no día a día da nosa aula, para que os nenos aprendan que a tecnoloxía non só é útil para o ocio, senón tamén pode ser unha ferramenta divertida ca que aprender.
Unha das ferramentas dixitais cada vez máis comúns nas aulas de Educación Infantil son os blogs. Para nos os blogs son unha fonte que nos permite fundamentalmente mostrar contidos, opinións ou ámbalas dúas cousas, hai blogs que tratan case sobre calquera temática, sobre educación, moda, política, cultura,cociña, etc. A gran popularidade que teñen os blogs está causada polo fácil e cómodo acceso que teñen, é unha ferramenta utilizada por una gran variedade de persoas, só necesítanse uns coñecementos básicos sobre uso de internet para poder crear un blog.
Dende o noso punto de vista diferéncianse claramente dous tipos de blogs educativos:
O blog da aula creado polo docente no que fala do traballo na aula, saídas, calendario de actividades, e se fan recomendacións ós pais (lecturas, espectáculos, etc). O bo deste tipo de blog é que como moitos pais non van querer que se suban as fotos dos seus fillos e que estas se fagan públicas, cousa na que estamos totalmente da cordo, pódense crear blogs nos que solo se poida acceder por medio de invitación (isto é bo para compartir as imaxes cos pais e controlar quen ten acceso a ditos contidos). O blog da aula tamén é útil para que o docente leve un rexistro do día a día na aula.
O outro tipo de blog é no que encaixamos o noso. Un blog que non se limita o que sucede nunha aula, senón que é un portal aberto no que tratar temas relacionados co ámbito educativo e cos nenos en xeral, é dicir, un lugar no que os docentes, pais ou calquera persoa que teña relación cos nenos, pode compartir as súas propias experiencias pero tamén actividades, contidos, proxectos, talleres, lecturas, recomendacións, e calquera outro material que podería resultar útil.
Un blog parécenos unha forma moi útil e práctica para compartir os coñecementos ou actividades que se van propoñendo, tanto na aula como fora dela, ademais pódese realizar de forma conxunta ou individual e ten a posibilidade de os compañeiros comenten, axudándose de distintas formas posibles.
Os blogs educativos proporcionan múltiples beneficios porque serven de recursos para profesionais docentes, son unha forma de que os profesionais dedicados a ámbitos da educación estean máis conectados e relacionados. Por exemplo para a resolución de conflitos ou buscar solucións, que teñan presente que teñen apoio, que non están sós e que non son os únicos que teñen dito problema. Tamén e moi útil coñecer blogs que mostren información interesante sobre temas educativos, non solo para que o propio docente empregue a información compartida nestes, senón tamén para facerlle recomendacións os pais.
Os blogs non seguen unhas normas fixas polo que non teñen por que ter resgos comúns, senón que cada un ten as súas propias características en canto a temática, destinatarios, obxectivos, etc. Cada blog debe ter unha función ou un guión ao que adaptarse (sempre con posibilidade de modificacións) porque poden non terse claros os obxectivos e ofrecer demasiadas posibilidades que non estean conectadas. O blog debe ter sempre aspectos relacionados e comúns.
Os problemas que aparecen nos blogs educativos son principalmente por internet, onde publicase sen depender dun autor, sen censura e sen a necesidade de dispoñer unha formación. A información proporcionada non ten porque ser fiable e non debemos dala por certa salvo ter asegurado a fiabilidade do seu contido.
Tendo isto en conta débese recordar que non todos os blogs son válidos nin moito menos, un blog pode ter un gran impacto visual pero un contido moi pobre, ou todo o contrario, por iso antes de "recomendar" un blog as familias debemos analizar os seus contidos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario