sábado, 10 de maio de 2014

Primeira aventura: "O coelliño branco"

Era o primeiro día da nosa viaxe, case non durmira pola noite da emoción. Collín a maleta, espertei o Señor Moucho e saímos a buscar a Daniel. Decidimos empezar a explorar nos prados que había detrás do outeiro. Cando xa levábamos medio día camiñando topámonos co Coelliño Branco, que se ofreceu a contarnos o conto do que proviña, mentres merendábamos. Este é o conto do Coelliño Branco, espero que vos guste tanto como me gustou a min:








Información sobre o "Coelliño branco"

O conto do Coelliño Branco pertence a unha colección de contos dedicados a nenos con Necesidades Educativas Especiais, ten como obxectivo principal acercar a lectura a estes niños. Ademais de axudar a romper barreiras de incomunicación ou de escaseza de recursos.
A forma narrativa que presenta o conto serve para que os nenos comprendan mellor a historia, los recursos que utiliza principalmente son a repetición e a rima. Constrúese o conto a partir da repetición da pregunta que o coelliño realiza a los animais e da súa resposta. A rima favorece que o conto sexa máis ameno.

Un día estaba o Coelliño Branco, que foi a buscar coles á horta para facer un caldo. Cando volvía a casa atopouse a porta pechada e ocupada pola temible cabra Caburra.  Fuxiu apresurado e asustado a pedir axuda e  atopouse cun boi, un can e un galo. Aínda de ser fortes e grandes, ámbolos tres tiñan medo de enfrontarse coa temible cabra. Xa sen esperanza de recuperala súa casa, o coelliño atópase cunha pequena formiga que ofrecese a axudalo. Cando chegaran a casa do coelliño branco, a formiga enfrontase coa cabra ata conseguir conseguiu botala fóra, e para celebralo, xuntos preparan o delicioso caldo.

Quen é Jane?


libro abierto para colorear
Se pinchades sobre min podedesme descargar para
poder imprimirme y colorearme como mais vos guste
Ola Chámome Jane e son unha la! Chámome Jane e son unha nena como vos... mais ou menos. En realidade son moito mais pequeniña ca vos, podédesme coller ca palma da man,  podo voar grazas as miñas bonitas ás, o que mais coñecedes de min son os meus divertidos pós máxicos... si adiviñástelo son unha fada.


Pero o mais especial sobre min non son nin os pós de fada nin o poder voar senón o lugar onde vivo. E preguntarédesvos Onde vive Jane? Pois eu vivo no mundo dos contos, un lugar cargado de millóns de  historias para ler, escoitar e inventar. Pero neste sitio non solo vivimos fadas senón que viven os protagonistas de todos os libros que hai no mundo, por iso cada vez que alguén escribe un libro aquí aparecen novas personaxes.
O mundo dos contos é un lugar MOI MOI MOI grande, imaxinádevos o grande que ten que ser para que vivan todos os personaxes dos contos,cómics, historias, lendas e calquera outra cousa que se poida ler. Pero eu como o resto das fadas e os animais vivo no bosque. O meu veciño é o Señor Moucho (saile no conto de Bambi) sabe mil historias e é xenial como contacontos, case todos os días imos visitar o noso amigo Daniel, quizais o coñezades todos o chaman Daniel el traveso.
E este verán decidimos explorar o mundo dos contos para descubrir as historias que se esconden en el e vivir moitas aventuras Queres vir con  nos???
Aquí vos deixo un debuxos meus e dos meus amigos para que nos pintedes como mais vos guste espero que nos vexamos pronto e empecemos as nosas aventuras.

dibujo de buho para colorear


Se non coñecedes a Daniel o traveso este é un pequeno capítulo sobre el.

Valoración persoal

Na actualidade está claro que a tecnoloxía para ben ou para mal está moi presente na vida dos nenos, un neno de dous anos xa sabe desbloquear un smarthphone e abrir e pechar unha app. Por iso debemos plantexarnos a pregunta de si sería bo integrar estas ferramentas dixitais no día a día da nosa aula, para que os nenos aprendan que a tecnoloxía non só é útil para o ocio, senón tamén pode ser unha ferramenta divertida ca que aprender. 

Unha das ferramentas dixitais cada vez máis comúns nas aulas de Educación Infantil son os blogs. Para nos os blogs son unha fonte que nos permite fundamentalmente mostrar contidos, opinións ou ámbalas dúas cousas, hai blogs que tratan case sobre calquera temática, sobre educación, moda, política, cultura,cociña, etc. A gran popularidade que teñen os blogs está causada polo fácil e cómodo acceso que teñen, é unha ferramenta utilizada por una gran variedade de persoas, só necesítanse uns coñecementos básicos sobre uso de internet para poder crear un blog.

Dende o noso punto de vista diferéncianse claramente  dous tipos de blogs  educativos:
O blog da aula creado polo docente no que fala do traballo na aula, saídas, calendario de actividades, e se fan recomendacións ós pais (lecturas, espectáculos, etc). O bo deste tipo de blog é que como moitos pais non van querer que se suban as fotos dos seus fillos e que estas se fagan públicas, cousa na que estamos totalmente da cordo, pódense crear blogs  nos que solo se poida acceder por medio de invitación (isto é      bo para compartir as imaxes cos pais e controlar quen ten acceso a ditos contidos). O blog da aula tamén é útil para que o docente leve un rexistro do día a día na aula.
O outro tipo de blog  é no que encaixamos o noso. Un blog que non se limita o que sucede nunha aula, senón que é un portal aberto no que tratar temas relacionados co ámbito educativo e cos nenos en xeral, é dicir, un lugar no que os docentes, pais ou calquera persoa que teña relación cos nenos, pode compartir as súas propias experiencias pero tamén actividades, contidos, proxectos, talleres, lecturas, recomendacións,  e calquera outro material que podería resultar útil.

Un blog parécenos unha forma moi útil e práctica para compartir os coñecementos ou actividades que se van propoñendo, tanto na aula como fora dela, ademais pódese realizar de forma conxunta ou individual e ten a posibilidade de os compañeiros comenten, axudándose de distintas formas posibles.

Os blogs educativos proporcionan múltiples beneficios porque serven de recursos para profesionais docentes, son unha forma de que os profesionais dedicados a ámbitos da educación estean máis conectados e relacionados. Por exemplo para a resolución de conflitos ou buscar solucións, que teñan presente que teñen apoio, que non están sós e que non son os únicos que teñen dito problema. Tamén e moi útil coñecer blogs que mostren información interesante sobre temas educativos, non solo para que o propio docente empregue a información compartida nestes, senón tamén para facerlle recomendacións os pais.

Os blogs non seguen unhas normas fixas polo que non teñen por que ter resgos comúns, senón que cada un ten as súas propias características en canto a temática, destinatarios, obxectivos, etc. Cada blog debe ter unha función ou un guión ao que adaptarse (sempre con posibilidade de modificacións) porque poden non terse claros os obxectivos e ofrecer demasiadas posibilidades que non estean conectadas. O blog debe ter sempre aspectos relacionados e comúns.

Os problemas que aparecen nos blogs educativos son principalmente por internet, onde publicase sen depender dun autor, sen censura e sen a necesidade de dispoñer unha formación. A información proporcionada non ten porque ser fiable e non debemos dala por certa salvo ter asegurado a fiabilidade do seu  contido.

Tendo isto en conta débese recordar que non todos os blogs son válidos nin moito menos, un blog pode ter un gran impacto visual pero un contido moi pobre, ou todo o contrario, por iso antes de "recomendar" un blog as familias debemos analizar os seus contidos.

venres, 9 de maio de 2014

Comentario sobre "Un cuento a la vista"

Buscando un debuxo dunha fada que fose a protagonista do noso blog atopámonos ca páxina web “Cuento a la vista”, esta inmediatamente atraeu a nosa atención polo seu gran impacto visual, causado por un deseño e unhas ilustracións supertraballadas. Empezamos a explorar a páxina apartado por apartado démonos conta da cantidade de contidos sumamente interesantes cos que contaba e estando cada vez mais seguras de que así é como desexabamos que fose o noso blog, unha páxina que non solo destacase polos seus contidos senón tamén que tivese un gran impacto visual tanto para os nenos como os pais.
En “Cuento a la vista” preséntanse unha gran diversidade de actividades de todo tipo distribuídos nos seguintes apartados: contos, audiocontos, debuxos para colorear, refráns, lendas, consellos para pais, manualidades, trabalinguas e lecturas recomendadas. Xa solo vendo os apartados que ten nos damos conta de que é unha páxina moi completa que ofrece todo tipo de recursos.
Destacar que para nos esta páxina podería ser perfecta empregada por un docente xa que aínda que nun principio está enfocada os pais, un docente pode topar moito material co que traballar na aula ou tamén pode usala como inspiración para cear as súas propias actividades, xa que moitas veces pode haber unha actividade que che gusta pero tal e como está enfocada na podes usar cos teus alumnos pero se lle fas algunha variante pode ser perfectamente válida.


Que é un mundo de contos?

Un mundo de contos é un recuncho dedicado a fomentar o interese pola lectura entre os mais pequenos da casa. Para isto neste espazo compartiremos libros e relatos infantís en distintos formatos así como outros materiais educativos e as nosas propias opinións ou recomendacións sobre os materiais compartidos por outros que poderían resultar interesantes. A nosa intención e crear neste espazo un mundo que poidamos explorar xuntos repleto de contos onde encontrar infinidade de historias para ler antes de ir a durmir, nada mais espertarte ou en calquera outro momento. Durante a nosa viaxe acompañaranos a nosa fada dos contos, Jane será a encargada de ir narrando as nosas aventuras xuntos e de introducir os contos e as actividades os nenos, xa que a nosa finalidade é conseguir que os nenos aprendan e gocen, a vez que descubre as cousas tan marabillosas que lles pode ofrecer a literatura. 


Ficha de datos básicos

  • Título: Un mundo de contos
  • Tema: Contos infantís, e outros materiais relacionados ca lectura
  • Nivel educativo: 4º e 5º de EI
  • Enlace a un contido educativo dixital para Educación Infantil: